APOIO A INCLUSIÓN SOCIOLABORAL E TIC 2020

  • APOIO A INCLUSIÓN SOCIOLABORAL E TIC 2020 1/2
  • APOIO A INCLUSIÓN SOCIOLABORAL E TIC 2020 2/2

Programa subvencionado en base a orde do 11 de setembro de 2020, subvención destinada a realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación do 0,7 % do imposto sobre a renda das personas físicas xestionado pola consellería con competencias en matería de política social da Xunta de Galicia (BS623D)

Fundación LAR en colaboración coa Consellería de Política Social  a través das subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do IRPF, pon en marcha un plan de apoio á inclusión sociolaboral, destinado a  incrementar a taxa de emprego e a empregabilidade das persoas con enfermidade mental crónica, facendo especial incapé no uso das TIC e na intervención no tecido empresarial da comarca realizando unha proposta de valor para a contratación deste colectivo a través dunha metodoloxía adaptada ás circunsatancias das persoas atendidas.

 

Son duas as principais vías de intervención:

1. EMPRESAS: Traballo de información e sensibilización mediante labores de prospección laboral, sendo as empresas parte imprescindible das melloras que se pretenden acadar.

2. PERSOAS CON ENFERMIDADE MENTAL: Formándoas para presentarse a un posto de traballo utilizando as TIC. Creación dunha Marca Persoal. Identificación dos sectores de maior demanda. Construcción da súa proposta de valor, e por suposto, a perder o medo a realizar entrevistas, xa sexan fronte a unha cámara ou persoais. 


Fecha de realización: 01-02-2021 // 31-12-2021