Orde do 10 de xuño de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca o procedemento para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter sociosanitario no ámbito dos trastornos mentais (código de procedemento SA500A).
Fundación LAR crea un programa formativo en pro de fomentar a incorporación e reinserción das persoas con TMG que pretende os seguintes obxectivos:
- Mellorar a calidade de vida das persoas con TMG.
- Aumentar a empregabilidade.
- Dotar de competencias técnicas específicas.
- Elaborar un Curriculum Vitae e aprender a relacionarse coas empresas do sector que nos atañe.
- Previr o illamento en situación de pandemia.
O programa contempla dous eixos básicos de intervención:
1º.- Por unha banda a formación en si mesma para o aumento da empregabilidade, baseado en contido teórico e práctico que aporte competencias técnicas os/as participantes en carpintería.
2º- A saúde mental das persoas beneficiarias do programa como obxecto de intervención, dentro do contexto social actual definido pola Covid-19 que supuxo un impacto significativo nas súas condicións de vida e da súa saúde mental.